Web en construcción

Novas moléculas terapéuticas de alto potencial e valor engadido para aplicacións clínicas

Benvido a DIVERSA

Somos unha spin off biotecnolóxica xurdida da Unidade de Nano-Oncoloxía e Terapéutica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela ( IDIS), situada en BioIncubaTech, a incubadora de alta tecnoloxía de Santiago.

DIVERSA nace co obxectivo de ofrecer solucións a problemas reais da sociedade.

Por unha banda, desenvolvemos unha tecnoloxía propia baseada en emulsións para deseñar novos vehículos seguros, fáciles de producir e versátiles, capaces de favorecer a liberación de biomoléculas e fármacos a dianas de difícil acceso a nivel intracelular.

Pola outra banda, queremos ofrecer solucións a necesidades médicas non resoltas. Para iso, contamos cun equipo multidisciplinar formado por clínicos, farmacéuticos, biólogos e químicos, comprometidos con marcar a diferenza na vida dos doentes. Agardamos avanzar no noso proxecto empresarial para poder chegar ao mercado a comezos do ano 2021.

Se queres saber máis, non dubides en contactar directamente co equipo.

Co apoio de:

xunta gain servizo galego de saúde idis bioincubatech